Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 28 de agosto de 1996 Páx. 8.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (218/1990).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia que ten o encabezamento e a parte dispositiva seguintes:

En Santiago de Compostela o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por S.Sª. os presentes autos de xuízo verbal 218/1990, seguidos perante este xulgado por instancia de José Nogueira Villar, contra Lucía Pereira e contra a Compañía de Seguros Hemisferio L'Abeille, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Lucía Pereira Fernández, contra José Nogueira Villar, Juan Nogueira Martínez e contra a aseguradora Velázquez, S.A., debo condenar e condeno os ditos demandados a lle pagar solidariamente ó actor a cantidade de 84.467 ptas. máis 25.000 ptas. por demérito e paralización e á mencionada compañía o xuro anual do 20% da indemnización desde a data do sinistro; con desestimación da demanda interposta por José Nogueira Villar, e imposición das custas ós demandados vencidos.

Notifíqueselle esta sentencia ó demandado rebelde, de conformidade co establecido no artigo 769 da LAC.

Advírteselles ás partes que esta sentencia non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación por escrito perante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados a partir da notificación e para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en forma ó demando en rebeldía Compañía de Seguros L'Abeille, expi

do e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado