Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 28 de agosto de 1996 Páx. 8.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (198/1992).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos de interdicto nº 198/1992, nos que recaeu a sentencia que ten o encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

Sentencia nº 70/1993. En Negreira o vintenove de maio de mil novecentos noventa e tres. Vistos por Isabel Lado López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila, os presentes autos de interdicto de reter e, subsidiariamente, de recobra-la posesión, promovidos pola procuradora Sánchez Silva en nome e representación de Baltasar Casanova Seage e Estrella Pousa García, maiores de idade, veciños do municipio da Baña, con domicilio en Ferraces-Corneira, defendidos polo letrado Ramón Sabín contra Juan Martínez Pensado, Manuel Calvelo Rodríguez, maiores de idade, vecinos de Ferreiros-A Riava, representados polo procurador Calviño Gómez e asistidos polo letrado García Maceira, e contra José Otero Otero, Claudino Capelo, José Suárez Blanco, Carmen Quintela Gosende e Dolores García Torreira, maiores de idade, vecinos do municipio da Baña, con domicilio en Ferreiros e situación de rebeldía no presente porcedemento, dictou a seguinte sentencia:

«Resolvo que debo declarar e declaro non haber lugar ó interdicto de reter e subsidiariamente, de recobra-la posesión, interposto pola procuradora Sánchez Silva en nome e representación de Baltasar Casanova Segade e Estrella Pousa García contra Manuel Calvelo Rodríguez, José Otero Otero, Claudio Capelo, José Suárez Blanco, Carmen Quintela Gosende, Juan Martínez Pensado e Dolores García Torreira, absolvendo os demandados de tódolos pedimentos contidos na demanda e condenando o demandante ó pagamento das custas deste xuízo; todo iso sen prexuízo de terceiro e con reserva ás partes dos seus dereitos, que poderán facer valer no xuízo correspondente. Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que, por non ser firme, é susceptible de recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lles sirva de cédula de notificación en forma ós posibles herdeiros do demandado falecido José Suárez Blanco e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o 29 de maio de 1996.

O secretario

Rubricado