Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 7.993

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1996 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, a Alejandro García del Valle.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 3 de xullo de 1995 (BOE do 29 de xullo) para a provisión da praza número 95/033 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas desta universidade, a favor de Alejandro García del Valle e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alejandro García del Valle, profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas desta universidade.

A Coruña, 9 de agosto de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

96-6161