De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 3 de xullo de 1995 (BOE do 29 de xullo) para a provisión da praza número 95/041 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Análise Económica desta universidade, a favor de Antonio García Lorenzo, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio García Lorenzo, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Análise Económica desta universidade.
A Coruña, 9 de agosto de 1996.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
6289