Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de agosto de 1996 de notificación do requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente OR-83-400, conta 8 e un máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de

pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédeselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó día no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentaren os documentos de xustificación que consideren convenientes para o seu dereito.

Advírteselles que, no caso contrario, se procedera á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda nos casos en que proceda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Antonio Sesmero Sesmero.

Expediente: OR-83/400, Cta. 8.

Avda. de Santiago, 123-2º porta 4, Ourense.

1.819.870 ptas.

Manuel Souto Rivas.

Expediente: OR-80/010, Cta. 9.

R/ Díaz de la Banda, nº 6-1º Esq., Ourense.

1.045.494 ptas.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

6110