Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos procedementos sancionadores de incendios que se citan.(Expedientes 086I/95; 102I/95; 210I/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o plazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 5 de agosto de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 086I/95

Denunciado: Calvo Cobas, Ricardo.

DNI: 33.184.003

Último enderezo coñecido: Lavacolla, s/n, A Coruña.

Feitos denunciados: Queima sen autorización.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 137.B

Cualificación: grave.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: 102I/95

Denunciado: Capelán Vázquez, Baldomero.

DNI: 32.193.238

Último enderezo coñecido: Pg. Elviña 2ª fase-B-10-6º, A Coruña.

Feitos denunciados: queima con autorización pero sen adopta-las debidas precaucións.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 138.C

Cualificación: moi grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Expediente: 210I/95

Denunciado: Paiva das Neves, Vasco Antonio de Melo.

DNI: 4.714.159

Último enderezo coñecido: Llorente, 7-Remar Galicia; Vigo-Pontevedra.

Feitos denunciados: queima sen autorización.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 137.B

Cualificación: grave.

Sanción: 2.500 ptas.

9606096