Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/1085/96, interposto pola Asociación Sindical Galega de Matronas.

Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/1085/96, interposto pola Asociación Sindical Galega de Matronas contra o Decreto 161/1996, do 25 de abril (DOG nº 94, do 14 de maio), polo que se modifican determinados preceptos do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en forma nos autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

6226