Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 26 de agosto de 1996 Páx. 7.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de xullo de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Bemeso XII.

Visto o expediente incoado por Mª del Carmen Lamosa García e Hijos, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Bemeso XII, outorgada pola orde ministerial do 2-10-1995 (BOE nº 236), situada na cuadrícula nº 79, do polígono A de Bueu, rematando a concesión o 2-10-2005, e do que era titular José Ramón de la Torre Estévez e Mª del Carmen Lamosa García.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado

no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros abintestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª del Carmen Lamosa García, José Manuel de la Torre Lamosa, Mª Dolores de la Torre Lamosa e Alejandro de la Torre Lamosa.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 24 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

6068