Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

EDICTO do 8 de agosto de 1996 polo que se somete a información pública a modificación das normas subsidiarias de planeamento.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 6 de agosto de 1996, prestoulle a súa aprobación con carácter inicial á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, para o seu exame e reclamacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 114 do Real decreto legislativo 1/1992, que aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana. O prazo contarase a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no DOG.

Como consecuencia da mencionada aprobación inicial, quedan suspendidas as licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición nas zonas modificadas, que son as seguintes:

-Chan da Ponte (Salvaterra), polígono industrial.

Salvaterra de Miño, 8 de agosto de 1996.

Artuto Grandal Vaqueiro

Alcalde