Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 23 de agosto de 1996 Páx. 7.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO

EDICTO do 8 de agosto de 1996 polo que se somete a información pública a aprobación inicial do plan parcial do polígono industrial Chan da Ponte.

O Pleno desta Corporación, en sesión celebrada o día 6 de agosto de 1996, prestoulle a súa aprobación inicial ó plan parcial do polígono industrial Chan da Ponte. De acordo co disposto no artigo 116 do Real decreto lexislativo 1/1992, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes para o seu exame e reclamacións polos interesados.

O dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG.

Salvaterra de Miño, 8 de agosto de 1996.

Arturo Grandal Vaqueiro

Alcalde

6216