Obxecto e orzamento: contratación polo trámite de urxencia dunha subministración para a adquisición de equipamento informático (un número mínimo de 15 ordenadores persoais e un servidor para o desenvolvemento) por un importe máximo de 7.875.000 ptas IVE incluído.
Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
Clasificación: non se esixe.
Admisión de variantes: non se admiten.
Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.
Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro) a partir das 10 horas do undécimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.
Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo
Director xeral de Recursos Económicos
6207