Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 17 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación de controis de calidade de varias obras.

Advertido erro nos orzamentos e prazos dos controis de calidade publicados no Diario Oficial de Galicia nº 151, do 2 de agosto de 1996, cómpre efectua-las oportunas correccións:

Na páxina 7.432, onde di: «Exp.: C-95/502, orzamento 1.802.790 e prazo 20 meses», debe dicir: «orzamento 2.372.202 e prazo 19 meses».

Na mesma páxina, onde di: «Exp.: LU-95/501, orzamento 2.372.202», debe dicir: «orzamento 1.498.994».

Na páxina 7.433, onde di: «Exp.: PO-95/502, orzamento 1.498.994 e prazo 19 meses», debe dicir: «orzamento 1.802.790, clasificación I-1,2 a; e prazo 20 meses».

9606182