Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A alcaldía delegada para a área de Urbanismo, con data 12 de xullo de 1996, dictou resolución do seguinte teor:

1.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a execución das obras que se realizarán na estrada de Eirís como consecuencia do proxecto de mellora do firme e captación de pluviais, así como mellora dos accesos ó centro oncolóxico á fábrica de armas.

2.-Optar, para a execución do citado proxecto, polo procedemento de taxación conxunta.

3.-Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa e diarios oficiais, así como remitir notificacións persoais ós que neste momento aparecen como interesados, nos termos que prevé o artigo 219.4º do texto refundido da Lei do solo, para que durante o citado prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, de luns a venres, de 13.30 a 14 horas, e presentar cantas alegacións consideren oportunas para defende-los seus dereitos.

A Coruña, 26 de xullo de 1996.

O alcalde

Rubricado

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273