1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
2. Obxecto do contrato: concesión administrativa da construcción e posterior explotación dun aparcamento para vehículos no polígono de Mato Grande.
Duración da concesión: máximo de 50 anos, contados a partir da data de recepción das obras de construcción.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Canon mínimo de explotación: 6.000 pesetas/ano por praza de estacionamento.
5. Garantía provisional: 5.618.400 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación empresarial: grupo C completo, categoría E.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a concesión administrativa da contrucción e posterior explotación dun aparcamento para vehículos no polígono de Mato Grande.».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 6 de agosto de 1996.
P.D.
O alcalde
Rubricado
6206