Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/107-2-4583 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T., para vivendas sociais.

Situación: Cervo.

Descricións técnicas: liña subterránea de media tensión a 20 kV, en conductor D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 442 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/380-220 V ±2,5% ±5%, para vivendas sociais en Cervo.

Orzamento: 4.017.340 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 1 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6049