Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que anuncia o sometemento ó trámite de información pública, por solicitude da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., da relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación que se cita. (Expediente número 4346 A.T., expropiación número 158).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, a solicitude de declaración da necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os bens e dereitos que se afectan, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. A seguir transcríbese a relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable para a execución da instalación seguinte:

-L.M.T. ós centros de transformación de Granda e Torre, reelectrificación de Granda e Torre, Castro

de Rei, autorizada e declarada de utilidade pública, por resolución desta delegación do 15 de novembro de 1995.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, e os interesados, no mesmo prazo, contado a partir do día seguinte ó da notificación individual que se lles efectuará, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixiren posibles erros na relación indicada, así como formularen as alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal quedarán expostos os expedientes, cos planos de situación e os parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán reclamar por medio desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 1 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liñas M.T. ó CC.TT de Granda e Torre (reelectificación de Granda e Torre, Castro de Rei). (Expediente 4346 A.T.)

Predio nºLugarParroquiaCultivoPropietario DN/DAEnderezoAfección

(superficie m)

-L.M.T. ó C.T. de Granda

13Curro de SeivaneRibeiras

de Lea

Monte baixoJosé Carlos Labrada LamelaPaseo Perales, 64, 28011 Madrid420 de voo e 0,32

do apoio nº 6

14Curro de SeivaneRibeiras

de Lea

Monte altoJosé Muinelo GarcíaAvda. Outeiro de Rei, 1, 27260

Castro de Lea

2.492 de voo, 0,32

do apoio nº 6 e 0,64

do apoio nº 7

Predio nºLugarParroquiaCultivoPropietario DN/DAEnderezoAfección

(superficie m)

-L.M.T. ó C.T.I. de Torre

2A RozaRibeiras

de Lea

Monte altoManuel Muinelo DocampoHnos. Quintana, 12, 27260

Castro de Lea

182 de voo
9A ChousaRibeiras

de Lea

Monte altoAlfonso Muinelo GarcíaAvda. Outeiro de Rei, 5, 27260

Castro de Lea

84 de voo

6050