Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1996 pola que se resolve a devolución de taxas ás persoas non incluídas nas listas reguladas polo Decreto 252/1992.

Adoptado acordo por parte da comisión permanente de selección dos solicitantes a incluír nas listas correspondentes á categoría 31 do grupo II, coa súa identificación e orde de prelación respectiva, esta consellería,

RESOLVE:

Devolverlles ós aspirantes que non figuren na lista de incluídos, o importe das taxas que aboaron.

Para facer efectivo o disposto no parágrafo anterior, os interesados dirixirán escrito á Dirección Xeral da Función Pública onde fagan constar con claridade os seguintes datos:

-Nome e apelidos.

-DNI.

-Grupo e categoría á que optaban.

-Datos bancarios, con especificación do código do banco, código da sucursal e número da conta á que desexan que se lles efectúe a transferencia polo importe aboado.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6066