1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Universidade de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.
c) Nº de expediente: 29/96.
2. Obxecto de contrato.
a) Descrición do obxecto: diverso equipamento de mobiliario, imaxe e son para o paraninfo da E.U. de Enxeñería Técnica Industrial.
b) Número de unidades a entregar: as especificadas no prego de cláusulas.
c) División por lotes e número: lote 1, mobiliario. Lote 2, instalacións audiovisuais e son.
d) Lugar de entrega: E.U. de Enxeñería Técnica Industrial, Vigo.
e) Prazo de entrega: vintecinco días naturais.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 12.975.114 ptas.
5. Garantía.
Provisional: 2% importe licitación de cada lote.
Definitiva: 4% importe licitación de cada lote.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Universidade de Vigo-Serv. de Xest. Económ. e Contratación.
b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-2ª planta.
c) Localidade e código postal: Vigo-36201.
d) Teléfono (986) 81 35 71.
e) Telefax: (986) 81 35 54.
f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.
2ª Domicilio: r/ Oporto nº 1, planta baixa.
3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.
b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-1ª planta.
c) Localidade: Vigo-36201.
d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.
e) Hora: 13 horas.
9. Gastos de anuncios.
Serán a cargo do adxudicatario.
Vigo, 5 de agosto de 1996.
P.D. (R. 18-10-1995)
José Pose Blanco
Vicerrector de Economía
6172