Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996 pola que se anuncia concurso público procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria para a contratación do subministro que se indica (expediente número 27/96).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 27/96.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: diverso material para completa-lo equipamento dun invernadoiro.

b) Número de unidades a entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) Lugar de entrega: Facultade de Ciencias, Ourense.

d) Prazo de entrega: sesenta días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.000.000 de ptas.

5. Garantía.

Provisional: 60.000.

Definitiva: 120.000.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo-Serv. de Xest. Económ. e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Oporto nº 1, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios.

Serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 5 de agosto de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

9606169