Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ANUNCIO do 21 de marzo de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte Penouzos-2 a favor dos veciños de Baños de Molgas, concello do Baños de Molgas (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na sesión celebrada o día 21 de marzo de 1996, adoptou o acordo que ten a parte dispositiva do seguinte teor literal:

Primeiro.-Clasifica-las parcelas denominadas Río de Vide de 1 ha, O Río Vello, de 1 ha 5 a, Tapada Nova de 2 ha, 3 a, Porto Galego de 1 ha, 6 a, a favor dos veciños de Baños de Molgas, concello de Baños de Molgas, e coas estremas descritas no considerando terceiro, e que integran o monte Penouzos-2, como veciñal en man común, en réxime de comunidades xermánica. Exclúense da clasificación, as parcelas Ansuiña de 1 ha e Petadiña de 2 ha, 3 a.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente, ó representante da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que contra esta resolución que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, logo da comunicación á que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 21 de marzo de 1996.

José Manuel Baltar Blanco

Secretario do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

5817