Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/132 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sestelo y cía, con domicilio en Ponteareas no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. e un C.T. no edificio Buenos Aires, na r/ Castañal, concello de Ponteareas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Sestelo y Cía a instalación dunha L.M.T. e un C.T. no edificio Buenos Aires, na r/ Castañal, concello de Ponteareas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 15 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5816