Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.821

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a Antonio Salvador Pena Giménez.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 31 de xullo de 1995 (BOE do 22-8), para a provisión de unha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións da Universidade de Vigo, a prol de Antonio Salvador Pena Giménez, DNI nº 36.061.443, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Salvador Pena Giménez profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de xullo de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5834