Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.820

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a José Pose Blanco.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 19 de xuño de 1995 (BOE do 8 de xullo), para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería da Universidade de Vigo, a prol de José Pose Blanco, DNI nº 33.212.895, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Pose Blanco catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso conten

cioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de xullo de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5833