Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.819

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/004 de corpos docentes universtiarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado Real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade Núm. 96/004, convocada por resolución con data do 5 de xaneiro de 1996 (BOE do 1 de febreiro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, conta-los desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 30 de xullo de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación.

Praza nº: 96/004.

Comisión titular:

Presidente: González García, Julio Antonio; catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Secretario: González Cabanach, Ramón; catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Silvestre Benach, Nuria; catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Arnau Querol, Joaquín; profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Sánchez Miguel, Emilio; profesor titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Comisión suplente:

Presidente: Barca Lozano, Eliseo Alfonso; catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Núñez Pérez, José Carlos; profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocais: Beltrán Llera, Jesús; catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Taberobsky Coronado, Ana Leonor; profesora titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Cuba López, José; profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

9605988