Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 20 de agosto de 1996 Páx. 7.816

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día

27-5-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 20-5-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de maio de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo 1996

Artigo 1º

O presente convenio aplicarase no centro de traballo da empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A. (CEAMSA), situado no Porriño (Pontevedra) e, por extensión, en calquera lugar onde o persoal obreiro da empresa traballe para ela, afectando os seus servicios na actualidade.

Artigo 2º

A duración deste convenio será de 1 ano, é dicir, do 1 de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro de 1996, e non poderá ser afectado durante a súa vixencia polo disposto en convenios de ámbito distinto. Considerarase tacitamente prorrogado por períodos anuais, salvo que sexa denunciado por calquera das partes, cando menos con tres meses de antelación verbo da data do seu vencemento, dándolle traslado da súa denuncia á outra parte.

Artigo 3º

A organización do traballo é facultade da empresa.

Artigo 4º

A xornada laboral para o ano 1996 consistirá en 1.780 horas de traballo efectivo anual, que se efectuará en réxime de quendas rotativas, de mañá, tarde e noite, mañá de 6 a 14 horas, tarde de 14 a 22 horas e noite de 22 a 6 horas, por necesidades técnicas da empresa, de forma que se produza a continuidade na producción. A rotación realizarase de acordo co cadro de quendas anexo ó convenio, de forma que a fábrica traballará os 365 días do ano.

A xornada de traballo queda, pois, invariable, pactándose que a partir do 1º de xaneiro de 1996 será de 1.780 horas anuais efectivas.

Establécese media hora de descanso para o bocadillo, que se desfrutará intermitentemente, de modo que non se desatenda o proceso de fabricación e de acordo co encargado de cada quenda, entre as nove e as dez horas da quenda da mañá, entre as dezasete trinta e dezaoito trinta na da tarde e de unha e media a dúas e media na quenda da noite, considerándose como tempo de presencia e non efectivo de traballo.

Artigo 5º

Vacacións. Durante o ano 1996 os traballadores xa desfrutaron das súas regulamentarias vacacións.

Para o ano 1997 establécese unha vacación anual especificada na quenda de vacacións reflectida no cadro anexo ó convenio.

Artigo 6º

A empresa facilitaralle ó persoal obreiro anualmente roupa consistente en dous buzos adecuadas para o traballo.

Artigo 7º

Condicións económicas.

Para o ano 1996 o incremento aprobado para o presente convenio é o do 3,5%, e o seu importe faise constar na táboa de salarios anuais por categorías adxunta.

Os atrasos do convenio con efectos do 1 de xaneiro de 1996 aboaranse exclusivamente respecto dos meses traballados.

Artigo 8º

Antigüidade.

Establécese o valor de 13.050 pesetas/ano o trienio e 26.100 pesetas/ano o quinquenio, quedando conxelada a súa contía para o futuro, seguindo a súa natural evolución os trienios e quinquenios (2 trienios e 5 quinquenios).

Artigo 9º

Toxicidade, penosidade e perigosidade.

Por este concepto establécese un complemento salarial consistente en 225 ptas. por cada día traballado.

Artigo 10º

Nocturnidade.

Establécese un concepto de nocturnidade consistente en 562 ptas. por cada noite traballada.

Artigo 11º

Traballo a quendas.

Os traballadores sometidos a réxime de quendas percibirán 225 ptas. por día (365 días ó ano).

Os traballadores sometidos a quendas, cando coincidan máis dunha quenda, segundo o cadro anexo, realizarán os traballos que se lles encomenden.

Artigo 12º

Os traballadores ós que lles corresponda traballar entre as 22 horas do 24 de decembro e as 22 horas do 25 de decembro e as 22 horas do 31 de decembro e as 22 horas do 1 de xaneiro, percibirán un complemento de 2.000 ptas. por cada día.

Artigo 13º

Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias que sexa necesario realizar na empresa polos seus traballadores, consideraranse como estructurais e os valores serán os que se especifican segundo as categorías na táboa salarial anexa.

Artigo 14º

Gratificacións extraordinarias

Establécese para o ano 1996 unha gratificación extraordinaria en xullo dunha mensualidade, outra en decembro de igual contía e outra de media mensualidade de beneficios, que se devengará no mes de marzo do ano seguinte.

As mensualidades calcularanse e extraeranse dividindo o salario profesional anual entre 14 1/2.

O cáculo das pagas de decembro e beneficios para 1996 será proporcional ás retribucións pactadas dos dous períodos especificados no artigo 7º do convenio.

Artigo 15º

Calquera disposición legal ou convencional ou norma de obrigado cumprimento que puidese afecta-la empresa CEAMSA e que establecese condicións económicas illadas superiores ás aquí pactadas, serán absorbidas e compensadas en cómputo anual coas melloras aquí reflectidas.

Artigo 16º

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación serán consideradas globalmente.

Artigo 17º

En todo o non previsto neste convenio aplicarase o disposto nas disposicións xerais vixentes.

Artigo 18º

Desígnase unha comisión paritaria, composta por dous delegados de persoal e dous representantes da empresa, que ostentará a representación das partes negociadoras para entender en cantas dúbidas xurdan na interpretación e aplicación do presente convenio, e se na primeira reunión non existise acordo adoptado por maioría, será a xurisdicción competente a que o resolverá.

Artigo 19º

Participaron na negociación deste convenio as seguintes persoas: en representación da empresa CEAMSA o seu director-xerente Ignacio Alzueta Amunarriz; en representación dos traballadores, os delegados de persoal, Manuel Blanco Leiros por UGT, Miguel Soutelo Barbosa por CC.OO. e Enrique Leiros Carrera por UGT.

Táboa de salarios anuais da empresa CEAMSA

CategoríasSalarioTóxicoTraballo a

quendas

NoiteHoras

extras

Encargado2.156.380225225562971
Oficiais1.939.658225225562971
Especialistas1.584.530225225562788
Peóns1.466.811225225562788

5987