Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 31 de maio de 1996, acordou aproba-lo proxecto técnico de expropiación do predio Simeón, en Vista Alegre.

En cumprimento do disposto no artigo 56 do Regulamento de expropiación forzosa, o concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dos vinte días que seguen á publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos o ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Relación de bens e dereitos afectados.

Predio: único. Referencia rexistral: tomo 51 do arquivo 24 de Santiago de Compostela, folio 124, predio número 1209, 4ª.

Propietarios: Carmen Sáez-Díez García, Juan Sáez-Díez García e fillos de Pedro Sáez-Díez García.

Clasificación urbanística: sistema xeral EU-4 equipamento universitario áreas de usos múltiples, solo urbanizable.

Superficie afectada: 35.306 m.

Outros bens: edificación principal. Edificios auxiliares: vivenda, galpón. Xardín. Retablo.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.