Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996 referente á convocatoria para a provisión de varias prazas.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña números 160 e 163, con datas 12 e 16 de xullo de 1996, aparecen publicadas as bases íntegras da convocatoria para a provisión, en propiedade, das seguintes prazas:

Unha de auxiliar da Administración xeral, polo sistema de oposición (promoción interna).

Unha de animador/a social, polo sistema de concurso-oposición.

Dúas de policía local, polo sistema de oposición libre.

As instancias para participar nas probas presentaranse no rexistro de entrada do concello no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anunio no BOE.

Padrón 18 de xullo de 1996.

O alcalde Acctal.

Rubricado

9605491