De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-27/96, I-132/96, I-201/96) por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.
Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente,
de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.
O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de D.C.I.F. sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).
O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Pontevedra, 17 de xuño de 1996.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
-Último enderezo coñecido infrinxido sancionador -Expediente -Denunciado
-Feito denunciado -Precepto
-Precepto
-Sanción
Avda. da Mariña Española, 25
36207 Vigo
da Lei de I.F. Lei de I.F. r/ Barral, 3
36473 Salceda de Caselas
da Lei de I.F. Lei de I.F. r/ Barreiras, 32, Darbo
36949 Cangas
da Lei de I.F. Lei de I.F.I-27/96 Gonzalo Álvarez Sousa
Abandono dun vehículo en masa forestal. Art. 137 e) do Regulamento
Art. 139 do Regulamento da
50.000 I-132/96 Alejos Martínez González
Queima sen autorización. Art. 137 b) do Regulamento
Art. 139 do Regulamento da
10.000 I-201/96 Emilio Piñeiro Martínez
Abandono dun vehículo en masa forestal. Art. 137 e) do Regulamento
Art. 139 do Regulamento da
50.000
6012