Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 19 de agosto de 1996 Páx. 7.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CÉDULA do 12 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, de notificación da Resolución do 1 de agosto de 1996, recaída no expediente de resolución do contrato de concesión da explotación dos servicios de cafetería e comedor do complexo administrativo de San Caetano, devolta polo servicio de correos por ausentarse sen deixar novo enderezo a súa destinataria.

Intentada a notificación da Resolución do 1 de agosto de 1996 pola que se resolve o contrato de concesión da explotación do servicio de cafetería e comedor do complexo administrativo de San Caetano, suscrito entre a Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia e a empresa María José Rodríguez Conde, o servicio de correos devolve a mencionada notificación debido a que a súa destinataria se ausentou do domicilio que figura no contrato sen deixar novo enderezo.

En consecuencia, e de conformidade co disposto nos artigos 58 e 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede efectua-la notificación mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 1 de agosto de 1996, antes mencionada, que se achega como anexo á presente cédula.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Resolución. Vistos o expediente de contratación tramitado pola Subdirección Xeral de Contratación, sobre resolución do contrato de explotación de servicios de cafetería e comedor nos servicios centrais de San Caetano á empresa María José Rodríguez Conde, e o informe emitido pola Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e tendo en conta que se lle deu traslado para trámite de audiencia á interesada, sen que esta formulase alegacións en contra dentro do prazo concedido, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Acorda-la resolución do contrato de explotación dos servicios de cafetería e comedor nos servicios centrais da Xunta de Galicia en San Caetano, coa empresa María José Rodríguez Conde, de acordo co disposto no artigo 112 g) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, debido ó incumprimento da empresa ó deixar de presta-lo servicio unilateralmente sen remata-lo prazo de vixencia do contrato.

Segundo.-Acorda-la incautación da garantía de 500.000 pesetas constituída pola empresa.

Terceiro.-Establecer e fixar unha indemnización polos perxuízos causados de 1.800.000 pesetas, na que se inclúen as cantidades que a empresa deixou de lle aboar á Administración polos conceptos de gastos comúns e polos nove días que deixou de presta-lo servicio de cafetería e comedor.

Cuarto.-Comunicarlle esta resolución ós órganos de contratación da Xunta de Galicia e á Administración xeral do Estado para os efectos do establecido nos artigos 20 c) e 21.3º da Lei de contratos das administracións públicas.

Notifíquese a presente resolución á empresa María José Rodríguez Conde, para efectos de que se lle faga saber que contra a mesma, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó que esta resolución lle sexa comunicada, de acordo co disposto no artigo

109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 58.3º a) da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ou facer uso de calquera outro que considere conveniente.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

6011