Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/594, R.C.I. 1.552).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Luis Calvo Sanz, S.A., co enderezo na Estra. Coruña-Fisterra, Concello de Carballo, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Instalación de coxeración composta por dous grupos motor-xerador de 6.590 kVA c/u, utilizándose como combustible fuel-oil, con dous centros de transformación de interior de 6.500 MVA c/u e 1 transformador para usos auxiliares de 800 kVA e relación de transformación 15/0,4 kV.

-Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa no concello de Carballo (A Coruña), Estra. Coruña-Fisterra, s/n.

-Orzamento: 419.308.410 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 31 de xullo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5863