Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de cambio de tensión en Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Mondariz, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Lugar no que se vai establece-la instalación: nos concellos de Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Mondariz.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: cambio de tensión a 15/20 kV, en liñas e centros de transformación dos concellos de Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Mondariz.
Orzamento: 70.504.629 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 21 de xuño de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6135