Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.731

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 95/051 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión encargada de resolve-lo concurso para a provisión da praza 95/051 de profesor titular de escola

universitaria, área de química analítica, convocada por resolución con data 12 de decembro de 1995 (BOE do 11 de xaneiro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 18 de xullo de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: química analítica.

Praza nº: 95/051.

Comisión titular.

Presidente: Fernández Fernández, Dolores Esther, catedrática de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Secretario: Alonso Rodríguez, Elia, profesora titular e escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais: Bonilla Simón, Milagros, catedrática de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Martín Carmona, Aria Antonia, profesora titular de E.U. Universidade Complutense de Madrid.

Domínguez Gómez, Rosa María, profesor titular de E.U. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente.

Presidente: Prada Rodríguez, Darío, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Pérez Iglesias, Julia, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais: Beltrán Lucena, Rafael, catedrático de escola universitaria. Universidade de Huelva.

Grane Teruel, Nuria Olga, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Alicante.

Pedraz Penalva, Francisco, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

95-5805