Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 14 de agosto de 1996 Páx. 7.731

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1996 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física, a María Consolación Pereira Menaut.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da universidade da Coruña do 16 de outubro de 1995 (BOE do 14 de novembro) para a provisión da praza número 95/048 de catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física desta universidade, a favor de María Consolación Pereira Menaut, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Consolación Pereira Menaut, catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física desta universidade.

A Coruña, 16 de xullo de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

5806