Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle.

A Corporación Municipal, por acordo plenario adoptado co quorum legalmente esixido, en sesión celebrada o día 19 de xullo, aprobou inicialmente o estudio de detalle, presentado por Manuel Ferreiro

Viña e outros, sobre reordenación de volumes, adaptación e reaxustado de aliñacións do bloque urbanístico delimitado polas rúas: Galicia, Curros Enríquez, Concepción Arenal e Avda. de América, de conformidade co proxecto redactado polo arquitecto Xosé Luis Carballo González.

O cal se fai público durante o prazo de 15 días hábiles, para efectos do establecido no artigo 117.3º do R.D. lexislativo 1/1992, do 26 de xuño.

Melide, 22 de xullo de 1996.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde

4886