Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión plenaria celebrada o día 8 de xuño de 1996, adoptou o acordo de aprobar definitivamente o proxecto de normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Carnota.

Contra o anterior acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor recurso contencioso-administrativo, ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de comunicación a este concello, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Carnota, 5 de xullo de 1996.

J.D.C. Oreiro Rodríguez

Alcalde

5802