Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial P-127/96 e P-133/96, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE de 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemeento sancionador por infracción da Lei 7/1992, de 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1992), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a José Ángel Madarro Río, funcionario da delegación pro

vincial, podendo ser recusado en calquera momento do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convintes en defensa dos seus dereitos.

Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda de la Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

ANEXO

-Expediente nº. P-127/96.

Denunciado: Leopoldo González Álvarez.

Último domicilio coñecido: Anllares del Sil - León-24488.

Feitos imputados: capturar 11 troitas de tamaño inferior ó regulamentario. Feitos ocorridos o día 23-4-1996, no Rego da Vara.

Precepto sancionador: 33.9º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 20.000 pesetas de multa e 27.000 pesetas de indemnización.

-Expediente nº. P-133/96.

Denunciado: David Losada Conde.

Último domicilio coñecido: Avenida de Portugal, 210 - Ourense.

Feitos imputados: practica-la pesca cebando as augas. Feitos constatados o día 26-4-1996, no río Miño, encoro de Belesar (Sabadelle).

Precepto sancionador: 34.14º.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 1 de xullo de 1996

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

5869