Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dun estudio da situación medioambiental no entorno das centrais térmicas de Endesa e Meirama.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 21/1996.

Obxecto do contrato: realización dun estudio da situación medioambiental no contorno das centrais térmicas de Endesa e Meirama.

Lugar de execución: Endesa e Meriama.

Prazo de execución: o prazo de execución e entrega do estudio rematará o día 10 de decembro de 1996.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: seis millóns setecentas cincuenta mil pesetas (6.750.000 pesetas).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato (135.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do establecido no artigo 72 da L.C.A.P.

Documentación a presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses según o artigo 90 da Lei 13/1995 da L.C.A.P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1996.

P.D. (O. 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industra e Comercio

5871