Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.679

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispon a inscrición, rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Dismaca, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Dismaca, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-4-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 16-4-1996. De conformidade co dispsoto no artigo 90.2ºy 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de Rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de maio de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo da empresa Dismaca, S.A. con domicilio na Avda. Augusto García Sánchez, 13. Pontevedra.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio afecta en todo o seu contido normativo a empresa Dismaca, S.A., que ten o seu domicilio na Avda. Augusto García Sánchez, 15, Pontevedra, e a todo o persoal que está prestando

servicios nesta, así como ós que que incorporen a partir desta data. O seu posto de traballo poderá variar segundo as funcións e necesidades da empresa, sen que varíen por iso, as condicións estipuladas, sen contravi-lo que establece o vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia.

As clásulas deste convenio terán duración ata o 31-12-1997, entrando en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1996, prorrogándose automaticamente por períodos anuais, de non ser denunciado polas partes cunha antelación de tres meses á finalización do período de vixencia.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse ad personam as condicións de traballo superiores ás establecidas no presente convenio consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía será exclusivamente de carácter persoal, sen que poida entenderse vinculado a postos de traballo, categorías profesionais e outras circunstancias, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ó seu favor as condicións máis beneficiosas de que desfrutasen os traballadores que anteriormente ocupasen os postos de traballo a que se xa destinado ou promovido.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódolos traballadores da empresa será de 40 horas semanais, repartidas da forma máis idónea para a empresa e o traballador, atendendo sempre ós intereses destes e á productividade da empresa.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dunhas vacacións retribuídas de acordo coas seguintes condicións:

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións desfrutarán na época que de común acordo fixen o traballador e a dirección, podendo ser fraccionadas.

c) A empresa exporá no taboleiro de anuncios e durante o primeiro trimestre, o cadro das vacacións correspondentes ó ano, de acordo co apartado b) e dando preferencia para estas ós traballadores de máis antigüidade, respectando o que establece o Estatuto dos traballadores.

d) Cando o traballador cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional de vacacións en razón ó tempo traballado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencias con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador.

b) Por falecemento o enfermidade grave do cónxuxe, ascendentes ou descendentes ata o 2º grao por consanguinidade ou afinidade.

A duración desta licencias sera de 15 días por matrimonio e de 2 a 4 días nos demais casos. En casos excepcionais, poderán concederse licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección con causa moi xustificada, que a empresa procurará atender.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal da empresa percibirá dúas pagas extraordinarias consistentes nunham ensualidade de soldo base e antigüidade nos meses de xullo e decembro. A gratificación de xullo aboarase a partir do día 15 do mesmo mes e antes de finalizar ese e a de decembro antes do día 20.

Artigo 8º.-Beneficios.

O persoal da emrpesa percibirá cada ano e en concepto de paga de beneficios, trinta días de salario máis antigüidade, cantidade que poderá ratearse mensualmente.

Artigo 9º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir un plus en concepto de transporte e na contía de oito millóns novecentas corenta e dúas pesetas mensuais. (8.942 ptas.).

Artigo 10º.-Póliza de accidentes laborais.

A empresa comprométese a establecer e custear unha póliza que cubra as consecuencias de morte e invalidez total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo e por importe de:

Morte: 1.000.000 de ptas.

Total: 2.000.000 de ptas.

Absoluta: 2.000.000 de ptas.

Gran invalidez: 2.000.000 de ptas.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

A empresa estará obrigada a facilitarlles ós seus empregados a roupa de traballo necesaria para cada función. O seu uso e conservación serán obrigatorios para o persoal.

Artigo 12º.-Retirada de carné de conducir e multas.

No caso de retirada de carné de conducir por causas non imputalbes ó traballador, a empresa comprométese a que o dito traballador non sexa rebaixado no seu salario. As multas imputables ó traballador será aboadas por este. Se a retirada do carné é imputable ó traballador, quedará este separado da empresa, co dereito a ocupar eventualmente o primeiro posto vacante que se produza e que estea capacitado para desempeñar. En todo caso, terá dereito a ocupa-la praza que desfrutaba anteriomente, tan pronto recuperase o seu carné e exista a vacante.

Artigo 13º.-Afiliación sindical.

A empresa ten o deber de respecta-lo dereito do trabalaldor á afiliación sindical libre.

Artigo 14º.-Retribucións.

O salario para o ano 1996 será o que figura na táboa anexa, supoñendo un 4,30% sobre as cantidades que se viñan percibindo ata o 31-12-1995. Nas sucesivas anualidades reunirase no mes de xaneiro a comisión negociadora para acorda-lo incremento das táboas, tendo sempre como referencia para o dito incremento o IPC do ano anterior.

Artigo 15º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no peresente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consisten en trienios na contía do 3% do salario base correspodnente á categoría na que o traballador estea clasificado, respectando, en todo caso, o que establece o Estatuto dos traballadores, en canto á aprendizaxe.

Artigo 16º.-Contratacións.

O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral vixente en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que recolla a lexislación e conforme a esta, entregando copia do contrato ó interesado.

Cando se celebren contratos ó abeiro do artigo 15 do apartado b) do texto refundido do vixente Estatuto dos trabalaldores, desenvolvido polo Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, estes poderán ter unha duración máxima de 24 meses entro dun período de 30 meses.

Artigo 17º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria integrada por Matías de Cabo Landín e José Fariña Pérez, o primeiro en representación da empresa e o segundo en representación dos traballadores.

Artigo 18º.-Cómputo salario anual.

En cumprimento do que establece o artigo 26 do Estatuto dos traballadores, o salario establecido en cómputo anula e de 1.255.511 ptas. para o mozo.

Artigo 19º.-Partes asinantes.

De acordo co que establece a Lei 8/1980, no seu artigo 85.2º, asinan o presente convenio as partes que o concertan e que son: por parte da empresa Matías de Cabo Landín e por parte dos trabalaldores José Fariña Pérez.

Táboa salarial ano 1996

Xefe administrativo 1ª: 158.529 ptas.

Xefe administrativo 2ª: 131.383 ptas.

Oficial administrativo 1ª: 129.703 ptas.

Axuliar administrativo: 78.668 ptas.

Telefonista-recepcionista: 78.668 ptas.

Xefe de negociado: 78.668 ptas.

Conductor: 78.668 ptas.

Mecánico-visitador: 78.668 ptas.

Mozo: 76.549.

Limpadora (por hora): 446 ptas.

Aprendiz: salario mínimo interprofesional segundo a idade.

9605804