Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores P-36/96 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera

momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportaren documentos ou aportaren as probas que conveñan ó seu dereito,

advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 27 de xuño de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-36/96Severino Fernández Rodríguez

Do Viso, 64-Redondela

Vertidos de cementos, susceptibles de seren arrastrados pola corrente, na beira esquerda do río Agudelo, o día 23 de febreiro de 1996.Art. 35.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial500.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca en 1 ano e 1 día

P-50/96José García Carrera

Xinzo-O Viso-Ponteareas

Dedicarse á pesca da lamprea de noite, axudado dunha linterna con luz artificial, na marxe esquerda do río Tea, xunto á escala piscícola, o día 16 de marzo de 1996.Art. 34.9º, 34.11º e 35.19º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 e 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial600.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día

P-64/96Félix Sánchez Yáñez

Cidadelle, 18-Chapela

Redondela

Pescar catro troitas (10 cm e 12 cm) de menor dimensión da permitida, o día 18 de marzo de 1996 no río Alvedosa, Redondela.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial5.000 ptas. e indemnización de 4.000 ptas.

9605825