Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de proxecto e obra para a descontaminación dun solo contaminado por lindano no polígono das Gándaras no Porriño (Pontevedra).

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 19/1996.

Obxecto do contrato: realización do proxecto e primeira fase da obra de descontaminación do solo contaminado por lindano no polígono industrial das Gándaras no Porriño (Pontevedra).

Lugar de execución: As Gándaras (O Porriño).

Prazo de execución: será desde a data da acta de comprobación do replanteo ata o 10 de decembro de 1996.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: corenta millóns de pesetas (40.000.000 de ptas.).

Garantías: provisional, de acordo co disposto no artigo 36.2º da L.C.A.P. dispénsase da garantía provisional ás empresas licitadoras, xa que estas teñen que acredita-la clasificación requirida para concorrer á licitación.

-Obtención de documentación e información:

Entidade: Conselleia de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º pranta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

-Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: tendo en conta a posibilidade de utilizar varias técnicas para a descontaminación do lugar, a clasificación esixible estará en función do tipo de técncia proposta no proxecto, razón pola que o contratista especificará no proxecto a clasificación axustada para a execución da obra. No caso de que o contratista non especifique ningunha, terá que acreditar dispoñer da seguinte: subgrupo 1, grupo A, categoría e.

-Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

-Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da L.C.A.P.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª pranta.

Localidade e código postas: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

9605823