Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de consultoría e asistencia consistente na execución dunha investigación xeolóxico-mineira de rochas ornamentais na comarca de Sarria (Lugo).

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 20/1996.

Obxecto do contrato: execución dunha investigación xeolóxico-mineira de rochas ornamentais na comarca de Sarria (Lugo).

Lugar de execución: comarca de Sarria (Lugo).

Prazo de execución: o prazo de execución e entraga do estudio rematará o día 30 de novembro de 1996.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: dez millóns novecentas mil pesetas (10.900.000 ptas.).

Garantías: provisional, 2% do orzamento de contrato (218.000 ptas.).

-Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º pranta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: subgrupo 1, grupo I, categoría b.

-Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas adminsitrativas particulares.

-Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

-Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da L.C.A.P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª pranta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora. once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

6037