Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 12 de agosto de 1996 Páx. 7.652

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición, rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A. (Hasenosa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A. (Hasenosa), que tivo entrada nesta delegación provincial de Pontevedra o día 29-4-1996, subscrito en

representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 5-3-1996. De conformidade co disposto no artigo 90, 2º y 3º, do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de Rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de maio de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo 1996

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo terá aplicación no centro de traballo de Hasenosa do polígono industrial das Gándaras de Budiño.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará á totalidade do persoal existente no momento da sinatura no centro de traballo aludido no artigo anterior, así como ós que posteriormente se incorporen ós respectivos cadros de persoal. O persoal directivo queda excluído da aplicación do convenio.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio terá efecto desde o 1 de xaneiro de 1996 cun período de vixencia ata o 31 de decembro de 1996 e poderá ser prorrogado por un ano máis se as partes así o deciden. Manterá a súa vixencia mentres non sexa substituído por outro novo.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas e retroacivas desde o 1 de xaneiro de 1996, respec

tándose as condicións máis beneficiosas en cómputo anual que na actualidade estean como dereitos adquiridos ad personam.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por dous membros de cada unha das partes social e económica.

Artigo 6º.-Clasificación.

O persoal que preste os seus servicios neste centro de traballo e estea afectado polo presente convenio clasificarase, segundo a súa permanencia e de acordo co seu contrato, en fixos ou eventuais.

Artigo 7º.-Horario de traballo.

A xornada será de oito horas ó día, que para o ano 1996 e de acordo co calendario laboral equivalen a 1.816 horas de traballo anuais efectivas. O persoal de xornada partida terá o dereito a desfrutar de xornada intensiva durante a temporada de verán que comprende desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, desde as 7 h ata as 15 h.

Sempre que non se prexudique a organización e sistemas productivos da empresa, procurarase que entre o final da xornada e o comezo da seguinte medie como mínimo un prazo de doce horas.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa empregará o persoal cunha capacidade física ou intelectual diminuída pola idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, no caso de que existan outros postos. Igual criterio se seguirá con quen se atope en situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 9º.-Vacacións.

O persoal desfrutará de 22 días laborais de vacacións ó ano ou da parte proporcional ó tempo traballado. Ademais, nos anos sucesivos e co motivo das festas do Nadal os días 24 e 31 de decembro traballarase media xornada.

Será obrigatorio por parte da empresa da-las vacacións en dous períodos anuais como máximo e por preferencia entre os traballadores con cargas familiares e con máis antigüidade. Comprendidas estas entre os meses de xuño a setembro. Ningún traballador se verá obrigado a desfruta-las súas vacacións mentres estea en situación de baixa. Pola contra, a baixa ocorrida en período vacacional non interromperá o desfrute destas.

As datas das vacacións poranse en coñecemento do traballador polo menos con dous meses de anticipación ó seu desfrute.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

Concederánselles ós traballadores do presente convenio que así o soliciten, as licencias nos casos seguintes sen perda de retribución:

a) Matrimonio do traballador, 15 días naturais.

b) Enfermidade grave de familiares de primeiro grao ou hospitalización con intervención cirúrxica, 3 días se é dentro da provincia e 5 se sucedese fóra dela. Esta licencia poderá continuarse sen dereito a remuneración e logo do certificado médico.

c) Nacemento dun fillo, 3 días naturais.

d) Morte do cónxuxe, ascendentes ou descendentes, 5 días naturais.

e) Morte de familiares políticos do mesmo grao, tendo como límite os supostos de avós e netos, 2 días naturais se o falecemento se produce dentro da provincia; se se produce fóra, 3 días naturais.

f) O cumprimento dun deber público inescusable, disposto polas leis e disposicións vixentes, o tempo indispensable.

g) Cambio de domicilio, 2 días naturais.

h) Matrimonio de fillo, sempre que se celebre en día laborable, 1 día natural.

i) As traballadoras por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral nunha hora coa mesma finalidade, que deberá producirse ben ó comezo ou ben ó final da xornada laboral.

j) Cando haxa que acudir a probas de recoñecemento médico en centros sanitarios, o tempo necesario, logo da xustificación médica. Para consultas médicas, 4 horas para todo o persoal, sempre e cando se reintegren ó posto de traballo o resto da xornada.

k) En ningún caso o tempo concedido en concepto de licencia poderá ser descontado do período de vacacións que lle corresponda ó traballador.

As licencias concedidas ós representantes sindicais serán aboadas ó 100% das súas retribucións, considerando a media dos últimos 30 días. Para o resto das licencias aboaranse tódolos conceptos salariais fixos, con excepción dos complementos salariais por cantidadade ou calidade de traballo.

Artigo 11º.-Excedencias.

Todo o persoal terá dereito á situación de excedencia de acordo coas normas reguladas polo Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Salarios.

Serán os que para cada categoría se fixan na táboa anexa. No recibo mensual de salarios figurarán debidamente detallados os importes seguintes: salario base, plus de convenio, plus de transporte, antigüidade e horas extras.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade establécese por trienios de contía de 5% do salario anual do convenio vixente en cada momento (no concepto de salario non se inclúe o plus de transporte). Cada trienio farase efectivo no mesmo mes no que se devengue. Ós traballadores cunha antigüidade superior a 9 anos con salario bruto que non supere as 250.000 ptas./mes, actualizazánselles os trienios na contía do 6% do salario anual.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria, ou en virtude de acordo entre traballador e empresa compensaranse por tempo equivalente de descanso retribuído.

As horas extraordinarias realizadas de noite ou en días non laborables remuneraranse incrementado o valor da hora ordinaria nun 13%.

Artigo 15º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, terá dereito a catro pagas extraordinarias consistentes nunha mensualidade de salario, plus de convenio e antigüidade.

Artigo 16º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores percibirán un plus de transporte na contía de 3.300 ptas. mensuais. A todo o persoal que resida a máis de 12 km da situación da empresa incrementáraselle o plus de trasporte en 6.000 ptas.

Artigo 17º.-Carga e descarga.

A carga, descarga e estiba dos trigos, fariñas, sémolas e subproductos, sempre que os vultos superen os 50 kg. netos de peso unitario, será realizada por dous homes.

Na descarga de camións, cando a distancia entre estes e o almacén da panadería supere os 20 m ponerase a disposición dos traballadores unha carreta ou vehículo similar para facilita-la dita operación.

Artigo 18º.-Premio de xubilación.

Se ó producirse a xubilación o traballador acreditase unha antigüidade superior a 20 anos, percibirá unha paga consistente na cantidade de tres mensualidades.

Artigo 19º.-Complemento por acicidentes de traballo.

Cando o persoal da empresa sufra un accidente de traballo terá un complemento do 100% do salario real, é dicir, percibirá o mesmo salario que se estivese traballando. Con referencia á ILT debido a enfermidade, tamén se percibirá o 100% do salario, excluídos o plus de transporte.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes con cobertura 24 horas/día.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, mediante a concertación dunha póliza de cobertura cunha entidade aseguradora a empresa garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións:

a) Por morte do traballador: os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que este designase, percibirá a cantidade de 5.000.000 de ptas.

b) Por invalidez permanente total e invalidez absoluta: o traballador percibirá a canitdade de 5.000.000 de ptas.

c) Por gran invalidez percibirá a cantidade de 10.000.000 de ptas.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite ó traballador de modo permanente para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez absoluta a incapacidade que inhabilite ó traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador en incapacidade permanente absoluta e que, como consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

Este seguro cubrirá tanto ós traballadores fixos como ós que estean por contratos eventuais, sempre que este contrato sexa por período mínimo dun ano.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros; a copia oficial seralle entregada ó comité de empresa ou representante sindical.

Artigo 21º.-Aumento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 1996, rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa salarial anexa, que supuxeron un aumento salarial do 2% e un incremento lineal para tódalas categorias de 5.000 ptas.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Ó igual que para todo o persoal de xornada partida, cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada habitual de traballo, por un tempo de catro ou máis horas ó día, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 1.500 ptas. por día e traballador.

Artigo 23º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

A empresa respectará as garantías dos representantes dos traballadores, de acordo, en todo momen

to, coas normas que para tal efecto, contén o Estatuto dos traballadores. Nos casos de despedimento por causas tecnolóxicas, organizativas ou de producción ,o representante sindical terá unha garantía de permanecer na empresa sen afectarlle ningunha destas causas. Esta garantía prolongarase durante os dous anos seguintes ó cesamento no cargo.

Artigo 24º.-Quenda de noite.

Considérase quenda de noite a realizada entre as dez da noite e as seis da mañá. As horas nocturnas remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria. O plus de nocturnidade que se viña retribuíndo, ata o presente, será incluído dunha soa vez no plus de convenio.

Artigo 25º.-Degradación profesional.

Todo aquel traballador que teña unha categoría profesional recoñecida, non poderá ser degradado con respecto á súa categoría, afectando á súa dignidade profesional.

A limpeza dos postos de traballo será efectuada polos seus correspondentes operarios e a xeral da fábrica, como ata agora, polo persoal da fábrica no día da semana que se designe.

Artigo 26º.-Revisión de categorías profesionais.

Os ascensos produciranse sempre de acordo coa empresa e os representantes dos traballadores, tendo en conta a formación, méritos e antigüidade destes, así como as facultades organizativas do empresario.

Sempre que un traballador realice función superior a seis meses, o traballador terá dereito a reclama-lo ascenso correspondente á función superior desempeñada.

O dito no parágrafo anterior non será de aplicación no caso de suplencia por baixa de enfermidade, accidente ou vacacións.

Cláusula adicional.

O presente convenio está subscrito pola comisión negociadora, formada:

a) Por parte da empresa:

Roberto Pérez Suárez, presidente do Consello de Administración e Antonio Valcarce Avila, director xerente.

b) Pola representación social: Jesús Matilde Valladares e Santos Álvarez Otero.

O Porriño, 5 de marzo de 1996.

Rubricado

Táboa salarial convenio año 1996.

Plus Trans. mes

CategoríasTotal

ano 1996

Soldo base

mes 1996

DistanciaDist.> 12 KmPlus convenio

mes 1996

Titulados

Grao superior e asimilados3.677.19864.9203.4006.000157.855
Grao medio e asimilados2.595.92064.9203.4006.00090.275
Grao superior en prácticas1.876.59464.9203.4006.00045.317
Grao medio en prácticas1.340.53764.9203.4006.00011.814

Administración

Xefe administrativo4.219.67064.9203.4006.000191.759
Oficial primeira2.940.46264.9203.4006.000111.809
Oficial segunda2.432.81264.9203.4006.00080.081
Oficial terceira2.039.70264.9203.4006.00055.511
Secretaria2.119.42464.9203.4006.00060.494
Auxiliar primeira1.853.68664.9203.4006.00043.885
Auxiliar segunda1.685.08064.9203.4006.00033.348
Telefonista1.401.01664.9203.4006.00015.593
Aspirantes/bolseiros1.340.53764.9203.4006.00011.814

Factoría

Encargado xeral4.159.19264.9203.4006.000187.979
Especialistas2.991.77864.9203.4006.000115.016
Encargado de sección2.583.09164.9203.4006.00089.473
Oficial primeira2.309.56464.9203.4006.00072.378
Oficial segunda2.176.43964.9203.4006.00064.057
Oficial terceira2.039.70264.9203.4006.00055.511
Operario1.917.83064.9203.4006.00047.894
Peón1.610.41864.9203.4006.00028.681
Mozo1.340.53764.9203.4006.00011.814
Aprendiz1.322.21064.9203.4006.00010.668

Mantemento

Xefe mantemento3.255.68264.9203.4006.000131.510
Oficial primeira mantemento3.054.08964.9203.4006.000118.911
Oficial primeira mecánico/eléctrico2.925.80164.9203.4006.000110.893
Oficial segunda mecánico/eléctrico2.570.26264.9203.4006.00088.671
Oficial terceiro mecánico/eléctrico1.899.50364.9203.4006.00046.749
Aspirante mecánico1.340.53764.9203.4006.00011.814

Laboratorio

Xefe laboratorio3.668.03464.9203.4006.000157.282
Xefe equipo3.255.68264.9203.4006.000131.510
Oficial primeira laboratorio3.073.07364.9203.4006.000120.097
Oficial segunda laboratorio2.807.17664.9203.4006.000103.478
Oficial terceira laboratorio2.565.83564.9203.4006.00088.395
Axudante primeira laboratorio2.346.67664.9203.4006.00074.697
Axudante segunda laboratorio1.730.89764.9203.4006.00036.211
Axudante terceira laboratorio1.523.03164.9203.4006.00023.219
Aspirante/bolseiro1.340.53764.9203.4006.00011.814

Comercial

Director comercial4.391.94164.9203.4006.000202.526
Xefe vendas3.308.83064.9203.4006.000134.832
Vendedor2.368.66864.9203.4006.00076.072

9605983