Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de caza 95/0090, 95/0120 e 95/0128.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82, do 6-4-1970), e do seu regulamento aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3-1971. Corrección de erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recaudacion de multas e sancions da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días habiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 27 de xuño de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación.Infracción

Lei de caza

ExpedientesDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

C-95/0090José Carracedo Calvo

52.431.781

Canosa, Rus, Carballo

Cazar en terreos de réxime cinexético especial sen permiso.48.1º 8Grave5.000
C-95/0120Manuel Varela Guimil

33.017.327

Víctor Núñez, 9, Santiago de Compostela

Cazar sendo posuidor da documentación preceptiva pero sen levala consigo48.3º 43Leve2.000

Tipificación.Infracción

Lei de caza

ExpedientesDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

C-95/0128Eduardo Rodríguez Rodríguez

33.232.597

r/ Olvido, 1, Santiago de Comostela

Cazar en terreos de réxime cinexético especial sen permiso.48.1º 8Grave5.000

5753