Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Val de Lemos Sector I Bb (Bóveda-Monforte de Lemos-A Pobra de Brollón), declarada de utilidade pública e de urxente execución pola Orden do 29 de marzo
de1978 (BOE nº 105, do 3 de maio de 1978), o seguinte:
Primeiro.-Con data 7 de xuño de l996, o director Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o Acordo de concentración parcelaria da zona de Val de Lemos-Sector I Bb, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Bóveda e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.
Terceiro.-No prazo dos trinta días que se dín, cabe interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recurrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvento Rural (Ronda da Muralla, 197, 1º, Lugo), nas oficinas centrais da consellería (Edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por se mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do término municipal a efectos das notificacións que procedan.
Advírtese, ademáis, que o Acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985.
Lugo, 27 de xuño de 1996.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo
5752