Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto da redacción do proxecto básico e de execución para a construcción dun auditorio na cidade de Ourense.

Obxecto: realización dos traballos de redacción do proxecto básico e de execución para a construcción dun auditorio na cidade de Ourense.

Orzamento de licitación: vinte millóns (20.000.000) de pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, os pregos de prescricións técnicas e demais documentación para o concurso estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo de

la Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificio San Caetano.

Modelo de proposición: o modelo de proposición económica únese como anexo ó prego de cláusulas administrativas, o que debe ser cuberto estrictamente conforme a aquel.

Clasificación: os licitadores deberán presentar, se fose o caso, certificado de clasificación de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en sobre cerrado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en horas de rexistro, ata as 14 horas do cadraxésimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será verificada pola mesa de contratación reunida en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ás dez (10) horas do cuarto día hábil que non coincida en sábado de finalizado o prazo de presentación das proposicións.

Documentación que deben aporta-los licitadores: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1996.

José Luis Narbón García

Director xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo

5748