Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras de clave OH-95-132 Curtis e AC-96-156 Negreira.

A) Obras.

-Clave: OH-95-132 Curtis.

Título: estación de bombeo e filtro de auga en Curtis-estación e Teixeiro.

Orzamento: trece millóns setecentas oitenta e oito mil catrocentas noventa e sete (13.788.497 ptas.) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: duascentas setenta e cinco mil setecentas setenta (275.770) pesetas.

-Clave: OH-96-156 Negreira.

Título: 3ª fase de pavimentación de beirarrúas na Avda. das Brañas.

Orzamento: vintetrés millóns duascentas corenta e oito mil setecentas corenta e cinco (23.248.745 ptas.) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: catrocentas sesenta e catro mil novecentas setenta e cinco (464.975) pesetas.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, A Coruña.

C) Garantías que se lles esixe ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no paragráfo 2º do artigo 36 da LCAP, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ben persoalmente ou ben enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás doce horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presentar los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de xullo de 1996.

P.O. (Orde 30-1-1996)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

9605969