Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas propano no termo municipal de Boiro (A Coruña).

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposición básica para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973,

do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A., con domicilio na praza da Palloza, 3-2º, 15006 A Coruña.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas propano comercial, no termo municipal de Boiro, na provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, que se concretará posteriormente, co oportuno detalle, no proxecto para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións:

-Estación de G.L.P., composta por 3 depósitos cunha capacidade total de almacenamento de 148,5 m, dotada de equipo de gasificación, regulación e transvasamento adecuados ás necesidades de consumo.

-Rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade co gas natural e construída con tubería de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo, que transcorrerá enterrada na súa totalidade.

Área da concesión: o municipio afectado pola solicitude de concesión é Boiro, na provincia da Coruña.

Orzamento: setenta e un millóns duascentas setenta e dúas mil duascentas catro pesetas (71.272.204 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9605698