Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usuarios domésticos, comerciais e industriais no termo municipal de Cambre.

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado polo decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto do concesión administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con domicilio na rúa da Rosa nº 16, 3º B, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas natural a usuarios domésticos, comerciais e industriais, no termo municipal de Cambre, na provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, que se concretará posteriormente, co oportuno detalle, no proxecto para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións: o proxecto das instalacións está previsto a partir do gasoducto que realizará Enagás, S.A. neste termo municipal.

Desde a rede de transporte de Enagás, S.A., cunha presión máxima de operación de 16 bar, alimentarase o punto de entraga de gas natural (PEGN) á rede de Gas Galicia SDG, S.A. no citado municipio. No PEGN realizarase a medición do gas, e tamén se reducirá a súa presión desde o rango AP-16 (16 bar) ata o rango MPB (4 bar).

A rede de distribución primaria -básica-, cunha lonxitude estimada de 2.500 m, estará deseñada e operará a unha presión máxima de 4 bar efectivos, e desde ela, ben directamente, ou a través das redes secundarias, que se construirán a partir da rede básica, subministrarase gas para os consumos domésticos, comerciais e de pequenas industrias no termo municipal citado.

A rede de distribución secundaria, cunha lonxitude estimada de 11.415 m, deseñarase e operará en parte en MPB, á presión máxima de 4 bar, e en parte á presión máxima de 0,4 bar (rango MPA) en función, especialmente, dos consumos demandados, das características urbanísticas dos núcleos poboacionais e dos condicionantes das vías públicas e edificación.

Para alimenta-la rede de distribución secundaria, a explotación da cal se realiza no rango MPA, instalaranse estacións de regulación MPB/MPA, ó longo do trazado da rede primaria que distribúa o gas á presión máxima de 4 bar.

O caudal máximo que se vehiculará será o necesario para atende-la demanda máxima prevista para os diferentes mercados do termo municipal obxecto da concesión, estimándose 1.400 m (n)/h de gas natural.

Área de concesión: o municipio afectado pola solicitude de concesión é Cambre, na provincia da Coruña.

Orzamento: cento noventa millóns setecentas setenta e sete mil catrocentas vinte pesetas (190.777.420 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas personas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan rpesenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9605917