Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 24 de xullo de 1996 pola que se resolve a convocatoria de subvencións a proxectos ou accións de investigación-acción, formación e reciclaxe, que teñan relación co esforzo global anti-sida en Galicia.

Por Orde do 16 de abril de 1996 convocáronse axudas económicas para proxectos ou accións de investigación-acción, actividades de interese comunitario no campo da vixilancia epidemiolóxica, información, prevención, detección, tratamento e atención do VIH/SIDA.

Estas axudas ían dirixidas a aquelas persoas ou institucións que desenvolven as ditas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia, coa especial consideración das solicitudes presentadas por institucións públicas ou benéfico-privadas sen ánimo de lucro.

Segundo o artigo 9 da dita orde, a resolución da convocatoria debe publicarse no DOG facendo consta-la contía da axuda concedida.

Por iso, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Conceder axuda económica para o financiamento dos proxectos ou accións que, en relación co esforzo global anti-VIH/SIDA, se recollen no anexo desta orde, na contía que nel se determinan.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1996.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

5922