Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de ampliación do perímetro de protección das termas de Cuntis, constituídas polos balnearios La Virgen e El Castro de Marcial Campos Fariña.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, en aplicación do artigo 28.2º da Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, pon en coñecemento de todos aqueles que se consideren interesados que poden face-las alegacións que estimen pertinentes no prazo dun mes a partir da data da presente publicación no Boletín Oficial del Estado, sobre a proposta de ampliación do perímetro de protección das augas mineiro-termais aproveitadas nos balnearios La Virgen e El Castro da titularidade de Marcial Campos Fariña.

No novo perímetro de protección proponse cubri-la zona de influencia dos mananciais correspondentes ós mencionados balnearios, o que se xustifica mediante proxecto técnico achegado polo peticionario que con data 19-6-1996 informou favorablemente o Instituto Tecnolóxico e Xeominero de España, correspondendo a un rectángulo de catro quilómetros de longo por dous de largo, sendo os seus vértices perimetrais en coordenadas U.T.M. elipsoide internacional de Hayford e lonxitudes referidas ó meridiano de Greenwich, datum europeo, os seguintes:

VérticesCoordenadas U.T.M.

XY

V1536.4504.718.400
V2534.5004.718.850
V3535.4004.722.700
V4537.3004.722.300

Pontevedra, 4 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

965570